Redes sociais:
alcala
Ciudades reinventadas

“Convidaríalles a saíren ao puro aire primaveral para percorrermos, xuntos, estes espazos e estes tempos sucesivos -arquitectura e historia- simbolizadas nunhas pedras que son Patrimonio da Humanidade”. José Hierro 

Alcalá de Henares simboliza coma ningunha outra a cidade que emerxe entre a linguaxe, a literatura e o patrimonio. Unha lingua que, asemade, convértese cada día en moitas linguas. O idioma da cidade é plural, exótico, tolerante, enriquecido por todas e cada unha das identidades que definen a mestizaxe das nosas urbes.

Cidade sabia coma a súa universidade, suxire beleza a cada paso. Cidade do Renacemento, urbe intelectual, adicada a Deus e aos homes, que nela pensaban e escribían.

En Alcalá de Henares naceu en 1547 e viviu os seus primeiros anos Miguel de Cervantes, o autor do universal Quijote. A súa casa natal, magnificente exemplo de vivenda castel´ do século XVI, convertida hoxe en museo, garda unha espléndida colección de edicións cervantinas.

Alcalá atesoura importantes xacementos arqueolóxicos que nos falan da Complutum dos romanos, unha excelente rede urbana medieval que tornou posíbel a convivencia de tres culturas e tres relixións e, sobre todo, a perfecta Cidade do Saber e Cidade de Deus que, trazada pola sabia man do Cardeal Cisneros, permite gozar hoxe dun conxunto único de sobranceiras construcións do Renacemento e o Barroco, entre as que sobresae a grande obra da súa Universidade. Esta extraordinaria riqueza proxecta a Alcalá de Henares no século XXI, convertida nun referente turístico e cultural.

A cidade entretece desde sempre a súa alma, que é escritura, saber, cultura e o seu corpo, lugar de acollida para os que elixiron o camiño do pensamento. Pasear por Alcalá de Henares implica seguir a ruta e a vida da cidade e do escritor; seguir pasos e pegadas marcadas en rúas, tapias, muros e papel. Todo mesturado e todo arranxado para ofrecer un espectáculo maxestoso, renovado hoxe e aberto a un futuro que só podería compararse a aqueles anos do século XVI, cando todo o que aquí acontecía soaba a lenda.

Información turística:
           
Colaboradores:
                           
          RTVE   Ciudades Mexicanas Patrimonio Mundial   Ciudades Mexicanas Patrimonio Mundial
© Grupo Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, 2024