Esta actividade foi subvencionada polo Ministerio de Cultura. Nos contidos deste apartado pódese achar información sobre dez monumentos e unha ruta accesíbel en cada unha das cidades patrimonio. Se desexa máis información sobre cada un dos monumentos mencionados acceda ás ligazóns que aparecen en cada unha das fichas..
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España pretenden ser de todos e para todos, por iso aquí é posíbel atopar información útil para persoas con diversidade funcional que decidan visitar calquera das trece cidades que conforman o grupo. A información que se publica aquí é froito do traballo levado a cabo pola Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF), que recibiu a encomenda da Comisión de Accesibilidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.